Biblioteca do IES Punta Candieira

Debuxo feito polo alumno Rubén Caaveiro de 1º de Bacharelato

luns, 19 de xuño de 2017

X Xornadas dos Clubs de Lectura

Foi moito o que deu de sí o día. X Xornadas dos Clubs de Lectura. Compostela, boa xente, calor... moita calor. Aprendendo! 







Premio especial Juul á Convivencia

Os bos e xenerosos... amosáronnos hoxe que se se quere, pódese. Grazas por facernos rir, por facernos vibrar e sobre todo por facernos convivir. Parabéns a todos os rapaces da ESO e da FP básica, a Andy Cedeira, a Eva María DB, a Dulce Rodríguez Anido por ter o valor de emprender unha aventura que tanto nos chegou. Parabéns a todos os que creron neles e no seu proxecto. 
Grazas polo noso Juul, tan especial, que ocupará un lugar na nosa biblioteca e no noso corazón!

De hoxe nun ano, que non deixe de correr a voz!!!


Proxecto Convivencia

Non é doado resumir o grandísimo proxecto que Andy Brañas, Eva Durán e Dulce Rodríguez levaron adiante nos últimos 3 meses do curso. O punto de partida foi a apertura dun expediente por acoso, que afortunadamente quedou en nada, pero que deu pé a un traballo intenso cos alumnos e que culminou na Gala da Convivencia do día 12 de xuño.
A Biblioteca Escolar serviu como plataforma e acolleu este proxecto que fomos reflectindo no noso facebook, e que contou coa participación activa de xente que apoia a convivencia. O lema "Eu apoio a convivencia. Que corra a voz!" estivo no sentir de todos. Engadimos aquí imaxes do que foi a gala para deixar testemuña destre gran traballo.































martes, 23 de maio de 2017

Apadriñamentos lectores e Sementeira de libros

Aquí tedes un emotivo e inesquecible encontro entre os alumnos de 2º de Bacharelato e os alumnos de Educación Infantil. O CEIP Nicolás DEL RÍO e a Biblioteca Escolar Punta Candieira Cedeira concretaron o apadriñamento lector que puxo un bonito broche ás actividades arredor do libro e das Letras Galegas. Agasallos do libro A Galiña Azul para os peques que á súa vez elaboraron marcapáxinas e un bonito caderno de debuxos para os máis grandes.
O noso agradecemento especial aos alumnos de 2º de Bacharelato, ás titoras de Infantil e a Rebeca León Graña. A Andy Cedeira pola intensidade que lle pón ás cousas e a todos os que tedes aportado un pouco de ilusión nesta andaina que é a educación. Boa singladura para todos


Letras Galegas 2017

En homenaxe a Carlos Casares e ás Letras Galegas, os alumnos fixeron lecturas na biblioteca de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Bailaron e tocaron departindo o seu saber facer.
A desfrutrar!


domingo, 21 de maio de 2017

Día de Europa

Aquí unha pequena mostra do que se organizou no centro o día 9 de maio. A que o argallou todo foi María Novo, que soubo entusiasmar a unha marea de xente dende o Departamento de Francés. Nunca é posible unha festa como esta sen que a xente colabore. Así que cómpre dar as grazas aos alumnos, en primeiro lugar e aos departamentos de idiomas. Pero tamén aos de Electricidade, Música, Ciencias, Xeografía e Historia, Plástica e todos os profesores que aportaron o seu traballo na elaboración dos postres e na decoración dos espazos comúns e da Biblioteca.
De hoxe nun ano!



O que deu de sí o día




xoves, 18 de maio de 2017

Día do Libro e da Lectura

A Biblioteca Municipal de Cedeira, a "Carlos Labraña" do CEIP Nicolás del Río e a Biblioteca Escolar do IES Punta Candieira, xunto con toda a comunidade educativa de Cedeira uniron os seus esforzos para dar corpo a unha actividade en homenaxe ás bibliotecas, á lectura e á educación. Conseguir a todo un pobo sume o seu saber facer nunha actividade desenvolvida arredor dos libros, é un agasallo para o espírito.
As grazas a todos eles. Nin un día do ano sen ler!